Buck Rogers no século XXV
Buck Rogers in the 25th Century | |
---|---|
Formato | Ciencia ficción |
Creado por | Glen A. Larson |
Intérpretes | Gil Gerard Erin Gray Tim O'Connor William Conrad Wilfrid Hyde-White Thom Christopher Jay Garner Mel Blanc Eric Server |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 37 |
Produción | |
Duración | 60 min. aprox. por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Primeiro episodio | 23 de setembro de 1979 |
Derradeiro episodio | 16 de abril de 1981 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Buck Rogers no século XXV é unha serie de televisión de ficción científica norteamericana creada por Glen A. Larson e producida por Universal Studios baseada no personaxe de Buck Rogers creado en 1928 por Philip Francis Nowlan e que aparecera en banda deseñada e do que se fixeran versións para a radio e a televisión. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie céntrase no capitán William Anthony "Buck" Rogers, interpretado por Gil Gerard, un piloto da NASA que está ao cargo do Ranger 3, un transbordador espacial lanzado en maio de 1987, por mor dunha avaría a nave arrédase da súa traxectoria, quedando Buck Rogers conxelado durante 504 anos, regresando á Terra no ano 2491, onde son capaces de revivilo e Buck Rogers descobre que a civilización tivo que ser reconstruída logo dunha devastadora guerra nuclear o 22 de novembro de 1987. Na súa nova vida traballa como patrulleiro auxiliado polo robot Twiki e o computador Dr. Theopolis. Na segunda tempada, Buck, parte nunha nave de exploración científica ao estilo de Star Trek.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A serie emitiuse durante dúas tempadas entre 1979 e 1981, previamente fixérase un episodio piloto que se distribuíu nas salas de cinema meses antes do comezo da serie,o 30 de marzo de 1979, o éxito nos portelos animou á NBC a encargala como serie, comezando a emitila o 20 de setembro de 1979 cun primeiro capítulo en dúas partes de dúas horas de duración que é unha versión modificada do filme en dúas partes, eliminando ou alterando algunhas escenas e engadindo outras así como material de Battlestar Galactica.Logo dun atraso de varios meses debido a unha folga de actores, a segunda tempada comezou o 15 de xaneiro de 1981, os índices de audiencia foron menores e a NBC cancelou a serie no episodio 11, sen ofrecer un final á historia.